Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

jueves, 15 de junio de 2017

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2017



Requisitos de acceso: 


GRAO MEDIO:


a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. 

b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica. 

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, superar unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 
b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.


Prazo de inscrición nas probas: Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 

Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 4 de setembro.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo IV, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica e de Vela, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.

Celebración da proba de madureza: 
O 4 de setembro de 2017 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

Celebración das probas específicas para as titulacións de técnicos deportivos: Setembro do 2017. Ver na resolución as datas concretas de cada especialidade e os lugares de cada proba. 



Prazo de matrícula nas ensinanzas deportivas: Dende a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 29 de setembro de 2017.


MÁIS INFORMACIÓN: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...