Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

martes, 22 de julio de 2014

COMPRENDER EL BULLYING CON EL VÍDEO "EL SANDWICH DE MARIANA"

En este corto dirigido por Cárlos Cuarón, Mariana, una niña de 10 años víctima de bullying en la escuela, descubre la espiral de violencia a la que se ve sometida su agresora. 
Se trata de un vídeo muy didáctico que podemos trabajar en el contexto escolar y ayudar a reflexionar a los alumnos sobre cómo la violencia procede de la violencia, y cómo los niños que acosan son un eslabón más de una cadena de violencia directa y estructural. 

lunes, 7 de julio de 2014

ENSINANZAS DEPORTIVAS


Son ensinanzas especiais porque teñen condicións especiais de acceso, son regradas e oficiais, destinadas á obtención do título de técnico e técnico superior deportivo.

Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.

Estrutúranse en dous graos:

1. Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este grao comprende dous niveis:
  • 1º nivel:  Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior.
  • 2º nivel:  Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato.
2. Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior  dará  acceso directo aos estudos universitarios.

Que títulos se obteñen?: Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas seguintes especialidades: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard), Deportes de montaña e escalada, Atletismo, Balonmán, Hípica, Vela, Mergullo, Salvamento, Baloncesto.

Cales son os requisitos de acceso:

  • Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO (académico ou aplicado) + proba específica da modalidade deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa superación dunha proba de madureza e con 17 anos.  A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de acceso a Ciclos de grao Medio.
  • Grao Medio, 2º nivel: Ter superaro do 1º nivel.
  • Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de grao Medio (Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos deportivos. Para os que non teñan o título de bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e teñan 19 anos.  Esta proba pode ser convalidable pola proba de acceso a Ciclos de grao Superior.
A inscrición nas probas é en xullo e celébranse en setembro. 

Postos de Traballo: Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo.

 

Oferta destas ensinanzas en Galicia en centros públicos: (Enlace DOG 19.10.2015)


Oferta en centros privados autorizados: 



Outros estudos afíns: Familia profesional de Formación Profesional "Actividades Físico- Deportivas".

MÁIS INFORMACIÓN: 
Accede á oferta educativa de ensinanzas deportivas.
Accede ás probas específicas.
Accede ao documento "preguntas frecuentes"
Accede ao folleto informativo. 

jueves, 3 de julio de 2014

PROTOCOLO DE CONSENSO SOBRE TDAH NOS ÁMBITOS EDUCATIVO E SANITARIO EN GALICIA.

Publicado, pola Xunta de Galicia, o protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario. 


Pincha na imaxe para descargar 
o documento en PDF

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...