Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 7 de abril de 2017

Convocatoria de bolsas Acoreuropa VI para titulados en FP (1ª convocatoria)

Resultado de imagen de acoreuropa VI


O Concello da Coruña convoca o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI (1ª Convocatoria). 

Nesta primeira convocatoria adxudicaranse 25 bolsas a titulados/as de ciclos medios de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia.

O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2016 ou en xuño 2017, incluida a FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa
  • CIFP Anxel Casal
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES A Sardiñeira
  • IES Fernando Wirtz
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Urbano Lugrís
  • IES Calvo Sotelo
  • Centro de Formación de Cruz Vermella
  • CPR Grande Obra de Atocha
  • CPR Liceo La Paz 9

OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR:
  • Ter finalizados os estudos de ciclo medio de FP e ter superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) do curso 2016/2017 en decembro ou en xuño 2017. No caso dos titulados en xuño 2017, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT.
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.

INSCRICIÓN:  
  • O prazo abrirase do 3 ao 28 de abril. 
  • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA; indicando os destinos para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia (Ver as bases do programa). 
  • Posteriormente, a documentación do expediente e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante (e, no caso de menores de idade, a persoa ou persoas que teñen a súa patria potestade ou tutela), deberá presentarse nos rexistros municipais ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

DOCUMENTACIÓN: 
  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ó corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calqueira título oficial de idiomas.
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)
  • Os centros educativos presentarán, por cada solicitante que estudase no seu centro, a seguinte documentación: Certificado do expediente académico. Informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente. 

PROCESO DE SELECCIÓN:
  • Está previsto que se desenvolva durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.
  • Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.
  • Para informar sobre as características e dotación das bolsas, condicións, etc., e dar resposta a todas aquelas consultas dos estudantes interesados, técnicos do Servizo Municipal de Educación están a desprazarse aos centros adscritos ao programa.

As 25 bolsas distribúense da seguinte maneira:
  • Florencia (Italia): 7 bolsas
  • Lisboa (Portugal): 8 bolsas
  • Cork (Irlanda): 5 bolsas
  • Viena (Austria): 3 bolsas
  • Burdeos (Francia): 2 bolsas

As bolsas inclúen todos os gastos: 

  • As viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. A súa contía estimada oscila entre os 1.100 euros nos casos de Francia e Irlanda, e os 850 euros no caso de Portugal.
  • O Concello tamén se encarga da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos, a búsqueda das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE.



MÁIS INFORMACIÓN:
Servizo Municipal de Educación (A Coruña)
Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña
Correo-e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)

Gifs ANimados Flechas (61)  ENLACES: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...