Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 23 de junio de 2017

Calendario escolar en Galicia 2017/2018

Resultado de imagen de calendario escolar


Publícase a Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2017/2018 nos centros sostidos con fondos públicos. O Calendario abrangue 175 días lectivos. 



COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • No 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.

COMEDORES ESCOLARES. Os comedores escolares funcionarán en:
  • Educación primaria desde o día 11 de setembro ata o 21 de xuño.
  • Educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro ata o 21 de xuño.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
  • Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro.
  • Semana Santa: desde o día 24 de marzo ao 2 de abril.

DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 7 de decembro de 2017. 
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal. 
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase. 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: 
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.


CONMEMORACIÓNS: Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
  • 20 de novembro de 2017: Día Universal da Infancia. 
  • 25 de novembro de 2017: Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
  • Do 1 ao 11 de decembro de 2017: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. 
  • 3 de decembro de 2017: Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 
  • 10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro de 2018: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller. 
  • 15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
  •  7 de abril de 2018: Día Mundial da Saúde. 
  • Entre o 23 e o 27 de abril de 2018: Semana do libro.
  •  9 de maio de 2018: Día de Europa. 
  • Do 14 ao 18 de maio de 2018: Semana das Letras Galegas. 
  • 5 de xuño de 2018: Día Mundial do Ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...