Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 25 de mayo de 2018

Instrucións de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2018

Publicouse a Resolución do 7 de maio de 2018 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/2019 en Galicia. 

Nesta Resolución pódese consultar a seguinte información:

  • Requisitos de acceso a estas ensinanzas.
  • Datas e horarios das probas
  • Documentación e lugares de inscrición
  • Prazos de reclamación
  • Datas de matrícula nestas ensinanzas
  • Contidos das probas
  • Tribunais avaliadores



Imagen de Pixabay

CICLOS DE GRAO MEDIO
DATA DE INSCRICIÓN
Dende o 23 de maio ata o 6 de setembro
LUGAR DE INSCRICIÓN
Na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda.
REQUISITOS DE ACCESO                       
  • Título de ESO ou proba de madureza (17 anos)
  • Proba específica 
En caso de ter materias pendentes de superación en setembro pódese facer  a inscrición e logo acreditar os requisitos académicos (o 17 e 18 de setembro).

A proba de madureza pódese sustituír pola proba de acceso a ciclos medios e superiores, pola proba de madureza  para ensinanzas deportivas, ... ver resolución.

A proba específica pódese sustituír polo bacharelato de artes, un título de técnico en artes plásticas e deseño, ... ver resolución

DATA E LUGAR DA PROBA DE MADUREZA
10 de setembro na escola de arte e deseño onde se fixo a inscrición
DATA E LUGAR DA PROBA ESPECÍFICA
14 de setembro na escola de arte e deseño onde se fixo a inscrición
DATA DA MATRÍCULA NAS ENSINANZAS
20 e 21 de setembro


CICLOS DE GRAO SUPERIOR
DATA DE INSCRICIÓN
Dende o 23 de maio ata o 25 de xuño
LUGAR DE INSCRICIÓN
Na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda.
REQUISITOS DE ACCESO
  • Título de bachelato ou proba de madureza (19 anos ou 18 para en caso de ter un título de Técnico en artes plásticas e deseño).
  • Proba específica.
En caso de ter materias pendentes de superación en setembro pódese facer  a inscrición e logo acreditar os requisitos académicos (o 17 e 18 de setembro).

A proba de madureza pódese sustituír pola proba de acceso a ciclos superiores, pola proba de madureza para ensinanzas superiores deportivas, ...ver resolución).

A proba específica pódese sustituír polo bacharelato de artes, un título superior de artes plásticas e deseño, ...ver resolución
DATA E LUGAR DA PROBA DE MADUREZA
O 3 de xullo na escola de arte e deseño onde se fixo a inscrición
DATA E LUGAR DA PROBA ESPECÍFICA
O 10 de xullo na escola de arte e deseño onde se fixo a inscrición
DATA NA MATRÍCULA DAS ENSINANZAS
Do 23 ó 30 de xullo

1 comentario:

  1. Existe la opción de presentar las pruebas especificas en español? o solo se presentan en gallego?

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...